Da a cara polo cancro infantil

15 de febreiro de 2019 to 16 de febreiro de 2019

Os días 15 e 16 de febreiro, saca unha foto no noso photocall solidario e súbea ás túas redes sociais. Por cada foto subida, doaremos 1€ a ASANOG!

Este venres 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil, co fin de concienciar sobre a importancia dos desafíos aos que se enfrontan os nenos que sofren este tipo de enfermidade, e para sensibilizar sobre a necesidade de que todos teñan acceso a un diagnóstico e tratamento preciso e a tempo. Desde As Cancelas queremos achegar o noso grao de area á causa, por iso organizamos os días 15 e 16 de febreiro un photocall solidario a favor de ASANOG.
 
Para participar, tan só debes sacar unha foto no noso photocall de planta baixa e subila ás túas redes sociais. Por cada foto subida os días 15 e 16 de febreiro, As Cancelas doará un euro á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) (ata un máximo de 2.500€). Se ti tamén quere sumarte ao noso reto solidario, podes pasar polo photocall de 12.00 a 14:00 horas ou de 17:00 a 21:00 horas. Unha vez realizada a foto, tan só tes que subila ás túas redes sociais seguinte estes sinxelos pasos.
 
Se participas desde FACEBOOK:
· Entra na nosa páxina www.facebook.es/ascancelas
· Busca a ligazón a campaña e sobe a túa foto cubrindo un sinxelo formulario.
 
Se participas desde TWITTER:
· Sobe a túa foto ao teu perfil de Twitter co hashtag # AsCancelasDandoLaCara
(O teu perfil debe ser público para que podamos ver a túa foto).
 
Se participas desde INSTAGRAM:
· Sobe a túa foto ao teu perfil de Instagram co hashtag # AsCancelasDandoLaCara e menciona a @ascancelas
(O teu perfil debe ser público para que podamos ver a túa foto).