Cumprimos 6 anos regalando 30.000€ en premios

06 de novembro de 2018 to 25 de novembro de 2018

Do 12 ao 25 de novembro proba sorte no noso vestidor cos teus tíckets de compra e consegue vales de compra, entradas de cine, ceas e outros fantásticos premios.

Este mes cúmprense seis anos desde que o centro comercial abriu as súas portas por primeira vez ao público e queremos celebralo ao grande repartindo 30.000 euros en premios entre todos os nosos clientes. Como? No vestidor de As Cancelas!

Do 12 a 25 de novembro teremos instalado na planta 1 un gran vestidor que esconde entre as súas pezas máis dun milleiro de premios por un valor total de 25.000 euros. Se tes bo ollo e escolles a peza adecuada poderás conseguir vales de compra de 10, 20, 30, 50 ou 100€ para gastar nas nosas tendas, entradas de cine, ceas, carros da compra e outros fantásticos premios. Queres probar sorte?

Para participar tan só tes que presentar os teus tíckets de compra no stand da promoción e escoller o mellor posible. Todos os tíckets das compras realizadas entre os días 12 e 25 de novembro que sumen 20 euros ou máis, darán opción a participar unha vez no xogo. Terán dúas oportunidades de xogar os clientes que acumulen tíckets por valor de 40 euros ou máis. Ademais, con ocasión da celebración do Black Friday, os tíckets por compras realizadas o venres 23, o sábado 24 e o domingo 25 de novembro permitirán duplicar o número de participacións.

Jordan Retro 4 Graphite, Air Jordan Retro 4 Black Cats Black Light Graphite, Jordan Retro 4 - Boys' Preschool Black/light Graphite | Limit 1 Pair Per Son http://mcxsureshotcall.com/291-jordan-retro-4-graphite-air-jordan-retro-4-black-cats-black-light-graphite-jordan-retro-4-boys-preschool-black-light-graphite-l.html
Nike Air Vapormax Laceless Pure Platinum, Nike Air Pure Platinum, Nike Air Vapormax 360 - Men's Summit White/pure Platinum http://cialisgeneric20mgbest.com160-nike-air-vapormax-laceless-pure-platinum-nike-air-pure-platinum-nike-air-vapormax-360-men-s-summit-white-pure-platinum.html

O noso gran vestidor estará aberto de luns a sábado en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas, a excepción do domingo 25 de novembro, que abrirá de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

A maiores dos premios directos, todas as persoas que proben sorte na promoción poderán participar no sorteo dun lote de premios valorado en 5.000€. Con cada rasca e gaña trocado entregarase unha papeleta para o devandito sorteo, que se celebrará o domingo 25 de novembro ás 20:00 horas no mesmo vestidor. O gañador ou gañadora deberá estar presente no momento do mesmo para levar o premio, e terá que identificarse presentando ante a organización do evento o DNI, o pasaporte, o carné de conducir ou calquera documento equivalente que lle poida acreditar.

Non o podes perder!