Como cambiamos, unha exposición para recordar

20 de marzo de 2019 to 20 de abril de 2019

Do 20 de marzo ao 20 de abril, ven revivir as décadas dos 50, 60, 70 e 80 cunha nostálxica mostra de xoguetes, libros, vehículos, discos e outros obxectos retro.

As televisións en branco e negro, a EGB, o Seat 600, os Xogos Reunidos, o tambor de deterxente… Non hai tanto tempo aínda formaban parte da nosa vida e agora lembrámolos cun sorriso, por iso, do 20 de marzo ao 20 de abril en As Cancelas ofrecémosvos unha exposición gratuíta para que os maiores exerciten a nostalxia e os máis novos descubran como era o día a día dos anos 50, 60, 70 e 80.
 
A mostra ‘Como cambiamos’ expón nas tres plantas do centro comercial máis de 10 coidadas escenografías que reflicten a vida cotiá destas décadas non tan afastadas -as vacacións na praia, o cámping, o servizo militar- así como vehículos clásicos da época: os dous cabalos, o seiscentos, o popular Renault 4 latas, o Citroën quenlla…
 
Tamén haberá obxectos e utensilios de fogar que desapareceron das nosas casas, como os tambores de deterxente, as latas de Cola Cao ou os radiocasetes, e outros que evolucionaron tanto que os máis novos non saberían nin usalos, como os teléfonos, as primeiras videoconsolas e os computadores de primeira xeración.
 
A moda, o cinema, a música e a televisión da época tamén estarán presentes na exposición, e ademais, haberá unha escenografía especial dedicada á cidade de Santiago, con recordos e obxectos que reflectirán a historia cotiá da capital compostelá no século pasado.
 
Para completar esta nostálxica mostra, cada semana teremos nas nosas redes sociais divertidos concursos nos que regalaremos fantásticos premios, e ademais, ofreceremos visitas guidas totalmente gratuítas para os centros escolares interesados en visitar a exposición. Os colexios que queiran reservar unha das visitas guiadas poderán facelo no teléfono 981 568 282 ou enviando un correo á dirección info@ascancelas.es.
 
Agardámoste!