Coches de cinema: unha exposición de película

12 de marzo de 2018 to 07 de abril de 2018

Máis de 25 coches icónicos do mundo do cine estarán expostos en As Cancelas do 12 de marzo ao 7 de abril. Non perdas este paseo pola historia do cine e o motor!

Cadillac, Chevrolet, Jaguar, Harley Davidson… Vehículos míticos que nos fixeron soñar e que foron protagonistas dalgunhas das películas máis icónicas do cine. Quen non lembra o coche de Grease, o de James Bond, os vehículos de Star Wars ou a moto coa que Steve McQueen converteuse en estrela en La gran evasión? Todos eles e moitos outros estarán na gran exposición gratuita de coches icónicos do cinema que inauguramos o vindeiro luns 12 de marzo e que permanecerá en As Cancelas ata o 7 de abril.

Os vehículos permanecerán expostos nas tres plantas do centro comercial, integrados en máis de 25 coidadas escenografías que os sitúan no seu contexto histórico e nas que se ofrece información non só sobre as súas características senón sobre as películas que os fixeron famosos. O conxunto ofrece un paseo excepcional pola historia do cine, desde os clásicos como Casablanca ata os nosos días.

E ademais de recordar as películas máis famosas, os visitantes deberán prestar moita atención aos detalles da exposición porque os que máis saiban lévanse premio. Cada semana na nosa páxina de Facebook, realizarémosvos unha serie de preguntas a través dun sinxelo trivia e entre todas as persoas que respondan correctamente sortearemos 25 entradas dobres de cine. En total, repartiremos 200 entradas para ir ao cine en As Cancelas e ver as estreas máis recentes da cartelera. Estás preparado?

Non  perdas este paseo pola historia do cine e o motor!