Celi convídate ao seu quinto aniversario

22 de setembro de 2018

Máis de 30 actividades gratuitas, actuacións, música, torta para todos, e o sorteo dunha viaxe a Eurodisney para 4 persoas. Non o podes perder!

A nosa querida mascota Celi cumpre cinco anos e como non podería ser doutra forma, celébrao cunha gran festa infantil o sábado 22 de setembro á que por suposto, estades todos convidados! Apúntaste?

Entre as 11 h e as 21h as tres plantas do centro comercial e o parking exterior acollerán máis de 30 divertidas actividades totalmente gratuitas, actuacións, e moitas sorpresas máis para que todos os nenos e nenas que se acheguen a celebrar con Celi esta data tan especial o pasen en grande.

Retro Jordan 4 Cheap, Jordan 4 Retro What The 4, Jordan Retro 4 - Women's White/black/university Red http://mcxsureshotcall.com/597-retro-jordan-4-cheap-jordan-4-retro-what-the-4-jordan-retro-4-women-s-white-black-university-red.html
Nike Air Force 1 High Pure Platinum, Nike Air Max 90 Essential Pure Platinum Pure Platinum, Nike Air Force 1 High Lv8 - Men's Pure Platinum/multi Color/pure Platinum http://cialisgeneric20mgbest.com590-nike-air-force-1-high-pure-platinum-nike-air-max-90-essential-pure-platinum-pure-platinum-nike-air-force-1-high-lv8-men-s-pure.html

Aínda que repetiremos algunhas das atraccións máis exitosas dos anos anteriores, como os paseos en poni, a pista americana, os inchables xigantes, o jumping, o Wipe Out ou o circuíto Ninja Warrior, tamén teremos actividades novas coas que os pequenos gozarán ao máximo.

Entre as principais novidades podemos destacar as camas elásticas, a atracción Scalextrix Magic Cars ou un divertido fotomatón. Ademais, tamén haberá unha carpa de videoxogos e realidade virtual e talleres de cociña, de robótica e de maquillaxe. Os asistentes poderán subirse ao volante dun coche de rallies no box do Penido Rally Team e vivir a emoción da carreira cunhas lentes de RV.

A maiores das actividades, durante toda a xornada celebraranse actividades deportivas, actuacións musicais e de danza e moitas sorpresas máis. Para repoñer forzas haberá carriño de flocos de millo,  algodón de azucre e mini bricks de leite.

Ás 21h, Celi soprará as velas da súa gran torta de lambetadas e, antes de repartila entre todos os seus amigos, celebrarase o sorteo presencial dunha viaxe a Eurodisney París para catro persoas (mínimo 2 menores de idade). Para participar no sorteo haberá que conservar ata ese momento o número que se entregará coa pulsera identificativa do neno ou nena, que se recollerá no Punto de Información ao cliente e que servirá para gozar de todas as atraccións.

Todas as actividades e xogos son totalmente gratuitos para os socios do Club de Celi. Coma sempre, os nenos e nenas que aínda non teñan a seu carné poderán obtelo en calquera momento de balde nos puntos de atención ao cliente.

Agardámoste!