Celi acende o Nadal de As Cancelas

01 de decembro de 2017

O venres 1 de decembro, inauguramos a iluminación coa actuación musical de La Guagua. Non o podes perder!

O venres 1 de decembro, convidámosvos a todos a inaugurar o alumado de Nadal da man da nosa querida mascota, o mellor amigo dos nenos e nenas de Santiago e a súa contorna: o extraterrestre Celi. A partir das 18:30 h, na segunda planta do centro comercial, haberá música, baile e xogos co espectáculo Cantabaila, do Grupo a Guagua, e ás 19:30 h Celi acenderá a iluminación de Nadal con todos os seus amigos, que ademais poderán facerse unha foto con el no noso photocall de Nadal, que logo poderán recoller de balde en papel nos estudios fotográficos de Fílmate. Como sempre, as actividades do Club de Celi son gratuitas.

Ademais, aproveitaremos a ocasión para estrear a nova zona infantil do centro comercial, que estará situada na planta 2, nun espazo onde todos os nosos pequenos visitantes pasarano en grande. Agardamoste!