As Cancelas sortea esta tarde entre os seus clientes cinco carros da compra e catro grandes regalos tecnolóxicos

06 de agosto de 2013

Cinco carros da compra valorados en 100 euros cada un, catro magníficos regalos tecnolóxicos (un televisor LED, unha consola Wii, unha cámara de fotos dixital e unha tablet) e a posibilidade de obter a devolución do importe dunha compra de ata 300 euros realizada o mes pasado. Estes son os grandes atractivos do segundo sorteo mensual dos Supermartes, que terá lugar hoxe, 6 de agosto, ás 20 horas no Punto de Información do centro comercial As Cancelas.

Para participar é preciso ter realizado unha compra por valor de dez euros ou máis nalgún dos martes do pasado mes de xullo, ter entregado o tíquet correspondente e estar presente no acto do sorteo.

Para animar a tarde e quecer o ambiente, ás 19 horas comezará unha actuación do Pallaso Popín, que tamén fará de condutor do sorteo.