As Cancelas programa divertidas e espectaculares actividades con cans para todos os venres de abril

04 de abril de 2013 to 27 de abril de 2013

 

O centro comercial As Cancelas programou durante o mes de abril un auténtico "maratón canino" co obxectivo de fomentar, sobre todo entre os máis pequenos, os valores de respecto ao mundo animal. Cada venres pola tarde celebraranse actividades diferentes que terán os cans como protagonistas e nas que realizarán distintas exhibicións de habilidade que farán gozar a toda a familia. Ademais, o venres 19 de abril, os visitantes Das cancelas poderán levar os seus cans ao centro comercial e participar nun concurso onde, sen necesidade de achegar pedigree nin certificado de raza, se premiará ao can máis guapo e ao máis simpático. Tamén haberá unha zona solidaria, en colaboración coa Asociación do Refuxio de Bando, onde se ofrecerá información sobre os coidados aos animais e se fomentará a adopción de cans.

 

Este venres, 5 de abril, as actividades comezarán a partir das 17 horas cunha exhibición de peiteado canino. Especialistas na materia farán demostracións e darán os seus consellos ao público para que as súas mascotas luzan unha pelaxe san e coidado. Ademais haberá demostracións de razas que precisan coidados específicos, tinguiduras, e cortes e peiteados especiais.

A partir das seis, celebrarase unha exhibición en pista dos exercicios que compoñen as probas oficiais para cans de busca e rescate e ás oito será a quenda dos cans-guía, adestrados para acompañar a persoas cegas ou con deficiencias visuais, cuxo labor debe ser recoñecida e facilitada por todos.

O venres 12 de abril, a partir das cinco da tarde, celebrarase unha grande exhibición de agility nun circuíto instalado no centro. Os cans, ás ordes dos seus donos, realizarán distintas probas de habilidade, como salto de altura, lonxitude, salto de rodas e aros, etc... Cada exhibición, dirixida por un instrutor participante no Campionato do Mundo de Agility, durará uns 40 minutos e ao final de cada unha un grupo de nenos e nenas poderán acceder ao circuíto para intentar emular os instrutores. Ademais, os cans participantes demostrarán outras habilidades caninas como os saltos do espectacular dogfrisbee e distintos trucos.

O venres 19 de abril será o día grande para as mascotas Nas cancelas. Todos os visitantes do centro que o desexen, poderán inscribir gratis o seu can no gran desfile canino que se celebrará entre as 18 e as 21 horas. O único requisito é ter a cartilla de vacinación en regra. Haberá catro categorías: cachorros (ata doce meses), razas mini, médium e maxi. Entregaranse dous premios -ao can máis guapo e ao máis simpático- por categoría e o xurado estará composto pola xerencia Das cancelas, responsables da tenda de mascotas Kiwoko e profesionais do sector.

O venres 26, o " maratón canino" pecharase cun simpático photocall perruno no que poderán posar todos os visitantes Das cancelas coas súas mascotas. As fotos colgaranse no perfil de Facebook do centro comercial para que, a través das redes sociais, se elixa a mascota Das cancelas, que recibirá un premio. Votarase dende o luns 29 de abril ata o domingo 5 de maio.