A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos aposta pola conciliación familiar, laboral e persoal

30 de xaneiro de 2013

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no 1992.

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no 1992, que se centra na animación sociocultural e na intervención sociocomunitaria, ofertando diversas actividades e servizos dende os 0 ata os 90 anos.

Dende a súa creación a Asociación intenta ofrecer un espazo e un proxecto co que cada un dos cidadáns se sintan identificados. Destacando sempre, a súa maior aposta,  que é ofertar a posibilidade de facer realidade unha conciliación familiar, laboral e persoal.

A Asociación atende as necesidades dos diferentes colectivos, dende os máis cativos aos máis grandes, pero cabe destacar que a súa maior labor esta dirixida á infancia, xuventude e á xente maior. En todo momento, a nosa entidade trata de adaptarse ás demandas e dalgún xeito cubrir as necesidades detectadas.