ASEM Galicia

31 de xaneiro de 2014

O venres 31 de Xaneiro estará connosco Asem Galicia, a Asociación Galega contra as enfermidades neuromusculares. Darannos información sobre as actividades solidarias da asociación e as enfermidades que enfrontan.

Ademais, traerannos manualidades realizadas por persoas con enfermidades neuromusculares para recadar fondo para a asociación nestes intres tan complicados.