Afexdi camiña da man da integración dos mozos e mozas con discapacidade

28 de xaneiro de 2013

Afexdi (Asociación Formación de Xoves con Discapacidade) ten como obxectivo que os mozos e mozas con discapacidade adquiran e afiancen os seus coñecementos e capacidades.

Afexdi (Asociación Formación de Xoves con Discapacidade) ten como obxectivo que os mozos e mozas con discapacidade adquiran e afiancen os seus coñecementos e capacidades nas áreas instrumentais, profesionais e culturais, que faciliten a súa inserción laboral.

Facilitamos o desenvolvemento dos hábitos laborais e actitudes, que lles permitan ser persoas cun traballo responsable e autónomo.

Posibilitamos as actividades culturais, deportivas e lúdicas para un bo gozar do tempo de lecer.