Acnur busca recadar fondos para atender ás necesidades dos máis vulnerables

23 de xaneiro de 2013

O Comité español de Acnur é unha organización non gobernamental, creada en 1993, que sente orgullosa de contar hoxe con máis de 135.000 socios e doantes. 

O Comité español de Acnur é unha organización non gobernamental, creada en 1993, declarada de Utilidade Pública, e que sente orgullosa de contar hoxe con máis de 135.000 socios e doantes, sen cuxa achega moito do traballo que realiza ACNUR non sería posible.

O seu obxectivo é recadar fondos para atender as necesidades das persoas refuxiadas e desprazadas máis vulnerables, apoiando os programas de axuda humanitaria de Acnur (nutrición, atención médica, auga potable e saneamento, educación, refuxio e infraestruturas básicas, asistencia legal e protección internacional, etc.).

Na actualidade, 35 millóns de persoas reciben protección e/ou asistencia de Acnur en máis de 120 países.