3ª Semana da Cultura Chinesa

18 de febreiro de 2018 to 24 de febreiro de 2018

Desde As Cancelas sumámonos á celebración do ano novo chinés coa posta en marcha de distintas actividades lúdicas e culturais para toda a familia.

A comunidade chinesa estrea o venres 16 de febreiro novo ano, o 4716 segundo o seu calendario, adicado ao Can de Terra e desde As Cancelas sumámonos á celebración coa posta en marcha de distintas actividades lúdicas e culturais para toda a familia, o domingo 18 de febreiro e o sábado 24 de febreiro.

Retro Jordan 4 Cheap, Jordan 4 Retro What The 4, Jordan Retro 4 - Women's White/black/university Red http://mcxsureshotcall.com/597-retro-jordan-4-cheap-jordan-4-retro-what-the-4-jordan-retro-4-women-s-white-black-university-red.html
Nike Air Force 1 High Pure Platinum, Nike Air Max 90 Essential Pure Platinum Pure Platinum, Nike Air Force 1 High Lv8 - Men's Pure Platinum/multi Color/pure Platinum http://cialisgeneric20mgbest.com590-nike-air-force-1-high-pure-platinum-nike-air-max-90-essential-pure-platinum-pure-platinum-nike-air-force-1-high-lv8-men-s-pure.html

Durante a mañá do día 18, concretamente ás 12:00 horas, teremos un obradoiro adicado á escritura chinesa con pinceis, unha caligrafía convertida en arte con 3000 anos de antigüidade. Pola tarde do mesmo día, de 17:00 a 18:00 horas ofreceremos un obradoiro de papiroflexia ao que seguirá un concerto de música tradicional do país asiático.

O sábado 24 de febreiro chega a quenda do taichí, cunha clase práctica na que toda a familia poderá iniciarse nesta tradicional arte marcial a partires das 18:30 horas.

Os distintos obradoiros e exhibicións, totalmente gratuitos, están organizados en colaboración coa Asociación Educativa e Cultural Qu Yuan, que centraliza gran parte das actividades de intercambio cultural que realiza a comunidade chinesa en Santiago e a súa área metropolitana. Apúntaste?